O Lugo presenta a Juan Rodríguez e Juan Lavín
O Anxo Carro foi escenario do último acto de presentación desta semana. Os xogadores Marcos Lavín e Juan Rodríguez eran os protagonistas da xornada, xunto a un Roberto Sáez que se encargaba de darlles a benvida. O director deportivo albivermello describía a Marcos como “un porteiro con experiencia tanto en España como no estranxeiro, cunha idade moi boa para o posto” que destaca por “o seu gran xogo aéreo e tamén polo seu xogo cos pés”. Ao mesmo tempo, definía a Juan como “un central da categoría que nos vai a dar esa experiencia nun posto tan complicado como o de central”.
Así mesmo, mostraba o seu agradecemento a Juan polo esforzo que realizou para estar en Lugo: “Perdoou moito diñeiro e mesmo tivo que poñer diñeiro por estar no club. É bo que a xente o saiba porque demostra que de verdade cre no proxecto. Desde o club queremos agradecerllo publicamente porque é un claro exemplo do compromiso que ten co club”. En canto aos futbolistas, Lavín tivo palabras para o club. “O CD Lugo é un club grande, e sen ningunha dúbida quixen vir aquí en canto me chamaron. É un club onde se pode crecer moitísimo. A cidade sorprendeume para moi ben. Estou moi contento. Os compañeiros son un grupo súper san, e eu creo que se poden facer grandes cousas”.
Pola súa parte, Rodríguez asegura que fixo “un gran esforzo por volver á miña terra. É o que quería e cando sabes o que queres e o que necesitas na túa vida, o demais é secundario”. Quixo agradecerlle “tanto a Roberto, como ao club e ao míster pola confianza depositada en min. Sei que foron semanas longas e difíciles, e agradézolles tamén a súa paciencia. Estou moi agradecido e moi feliz tanto a miña familia como eu de estar aquí”.