O Lugo recupera boas sensacións
O CD Lugo retoma a senda da vitoria. Despois dunha preparación de tempada con un nivel máis baixo do esperado e con malas sensacións, o Lugo gañou esta fin de semana ante un rival directo na liga, o Sporting.
Este partido, disputado en Viveiro, foi o último antes do arranque ligueiro onde se enfrontarán co Oviedo na súa casa, equipo ao que gañaron a penaltis nun partido desta pretemporada.
O partido ante o Sporting foi mellorando a medida que pasaron os minutos. Ao primeiro, o equipo de David Gallego dominou, sen embargo, un bon remate de testa de Chris Ramos conseguiu poñer por diante aos lucenses. Pouco tempo durou a alegría no Lugo xa que Gaspar empatou aos poucos minutos grazas a un pase en longo que o deixou nun man a man con Whalley.
Na segunda parte o Lugo foi mellorando a súa cara e, un penalti realizado sobre Alende, fixo que Carrillo puxera o 2-1 definitivo que daba a vitoria ao equipo lucense.