O Lugo Sala logra o ascenso a Segunda

LugoXa
O Lugo Sala ascende a Segunda División tras o seu encontro co Xerez no Palacio Municipal dos Deportes
lugo_sala_primeiro_equipo
22 Xuño 2024

O Lugo Sala ascende a Segunda División tras o seu encontro co Xerez nun ateigado Municipal. Baixo o mando de Guillermo Martínez, os lucenses logran o ansiado salto de categoría nun disputado partido (2-2). O segundo tanto co que os locais lograban o empate, acadando así o obxectivo, chegou a falta de poucos minutos para o final.

Con este resultado, o conxunto, que cumpre unha década de vida, continúa a súa aposta por levar o fútbol sala da cidade a onde se merece: á elite nacional. “Porque o obxectivo do noso club dende case o primeiro ano era intentar levar este deporte ao máis alto aquí en Lugo e seguiremos intentándoo. Estamos no camiño, pero non é fácil”, contaba o  presidente, Marcos Pereira.

Este ascenso chega tras o intento da pasada tempada, na que un gol os afastaba dese salto de categoría coa que o fútbol sala lucense volve a estar no máis alto e recorda á época do Prone, cando o club era referente a nivel estatal.

0.15485906600952