O Lugo Sala organiza unhas xornadas de tecnificación en xuño

LugoXa
O Lugo Sala pon en marcha unhas xornadas de tecnificación con motivo do fin do curso escolar no próximo mes de xuño.
XORNADAS TECNIFICACION portada
XORNADAS TECNIFICACION portada
31 Maio 2023

O Lugo Sala pon en marcha unhas xornadas de tecnificación con motivo do fin do curso escolar no próximo mes de xuño.

As xornadas desenvolveranse o xoves 22 e venres 23 de xuño en horario de 09.00 a 13.00 horas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e están destinadas non só a xogadores e xogadoras do club, senón tamén que estarán abertas para nenos e nenas externos á entidade.

Estas xornadas teñen como obxectivos mellorar a través de adestramentos adaptados aos participantes e ofrecer a posibilidade de perfeccionar aspectos técnicos individuais e colectivos que lles axuden a crecer como xogadores.

Ademais de participar en todos os adestramentos de fútbol sala propiamente específicos, todos os participantes serán obsequiados cunha camiseta do evento e recibirán un aperitivo a media mañá, ademais de recibir a visita de xogadores do deporte.

Estas xornadas de tecnificación están destinadas para xogadores/as das categorías benjamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, tanto en masculino como feminino.

A actividade estará dirixida polos técnicos de Lugo Salga, todos eles con formación específica en fútbol sala, e os prezos para os interesados son de 35 euros para os xogadores/as externos a Lugo Salga e de 30 euros para xogadores/as do club.

XORNADAS TECNIFICACION
0.16335105895996