O Lume de Lugo remata a Liga galega de béisbol infantil
Celebrouse a final da Liga Galega de Béisbol Infantil no campo de béisbol de Acea de Ama en Coruña. A xornada transcorreu con partidos simultáneos en dous campos, onde os seis equipos participantes disfrutaron dunha nova xornada de béisbol e posteriormente da entrega de premios.
No campo 1 o CBS Cambre, o CBS Os Tilos e o Trasnos Black disputaban os tresprimeiros postos, mentres que no campo 2 os Leones de Oroso, os Trasnos Grey e o Lume BC competían polo cuarto, quinto e sexto posto da clasificación. O Lume de Lugo disputou dous partidos cun resultado bastante igualado pero sen acadar liderar o marcador, quedando a 2 puntos contra os Leones de Oroso e a 3 puntos contra o Trasnos Grey, ocupando así o sexto posto na clasificación.
Carmelo Porta, Marta Mosquera, Diego Ares, Xoel Rodríguez, Mario Vila, Guillermo Torre, Manuel Osorio, Miguel Díaz, Luis Otavio Prieto e Aarón Bilbao regresaron á cidade amurallada portando con orgullo o trofeo gañado, que compartirán co resto de membros de equipo que non puideron participar por incompatibilidade de axenda nunha importante data na nosa cidade marcada polo Arde Lucus.