O luns abre o prazo para inscribirse nas III Olimpíadas Rurais de Friol

Friol acollerá os días 26, 27 e 28 de xuño a III edición das Olimpíadas Rurais de Galicia, unha cita xa consolidada que reunirá de novo a equipos de toda a comunidade en torno ao deporte, a tradición e a convivencia.
O vindeiro luns abrirase o prazo de inscrición dirixido aos equipos que participaron na pasada edición e que desexen volver formar parte desta nova convocatoria. Os equipos interesados dispoñerán de 10 días para formalizar a súa inscrición.
O proceso deberá realizarse a través da páxina web oficial das Olimpíadas Rurais de Galicia, Olimpiadarural.es, onde se atopa dispoñible toda a información necesaria sobre o evento e os requisitos de participación.
A organización anima aos equipos para inscribirse dentro do prazo establecido para garantir a súa presenza nunha edición que promete volver encher Friol de deporte, tradición e ambiente festivo.