O Mádia Leva acolle en Lugo unha xornada da Regueifa Tour Primeiro

LugoXa
O centro social organiza este venres un obradoiro de regueifa e unha actuación aberta ao público
centro-social-Madia-Leva-Lugo
16 Jan 2026

O centro social Mádia Leva de Lugo será escenario este venres, 16 de xaneiro, dunha nova parada da Regueifa Tour Primeiro, cunha programación que combina formación e espectáculo arredor da improvisación oral en verso.

A actividade arrancará ás 18 horas cun obradoiro de regueifa dirixido ao público interesado en achegarse a esta tradición da cultura popular galega.

A xornada continuará ás 19 horas e 30 minutos coa actuación da Regueifa Tour, unha proposta que pon en valor a creatividade, o humor e a palabra improvisada, e que busca achegar a regueifa a novos públicos desde un formato dinámico e participativo.

O evento está aberto á cidadanía e insírese na programación cultural impulsada polo espazo social lucense.

⚙ Configurar cookies
0.083451986312866