O Madialeva organiza unha palestra sobre o Tratado UE-Mercosur
LugoXa
O encontro celebrarase este venres 13 de febreiro ás 20:00 horas no centro social de Lugo coa presenza de Brais Álvarez

13 Feb 2026
O centro social Madialeva de Lugo acollerá este venres 13 de febreiro, ás 20:00 horas, unha charla sobre o Tratado entre a Unión Europea e o Mercosur, unha iniciativa que busca achegar información e fomentar o debate sobre os efectos deste acordo.
A actividade contará coa participación de Brais Álvarez, secretario de Acción Sindical do Sindicato Labrego Galego, quen ofrecerá a súa perspectiva sobre as implicacións do tratado para o sector agrario e a economía local.