O Maristas coróase bicampión galego

LugoXa
O Maristas Lugo converteuse en campión autonómico por segunda vez consecutiva despois de vencer ao Porriño
WhatsApp Image 2022 05 24 at 11.33.49 AM
24 Maio 2022

Ledicia no equipo Maristas que se converteu en campión por segundo ano consecutivo tras acadar o título galego. Os lucenses vencían na final de Porriño aos locais, PBB A, nun 78-59 para a lembranza.

O Maristas comezou indo un paso por diante, pero o Porriño seguíalle a pasos curtos grazas a Haile que fixo 23 puntos na primeira metade. Tralo descanso, os lucenses recuperaron a defensa e foron aumentando a vantaxe paseniñamente. Foi no último tempo, cando o Maristas colleu máis forzas para levarse o campionato galego.

No último tempo, ademáis, o adestrador, Óscar Engroba, sacou á cancha a todos os seus xogadores, que colaboraron na segunda vitoria consecutiva do equipo.

0.17826294898987