O martes quedará habilitado o desvío provisional do tráfico da N-VI

LugoXa
El martes se habilitará el desvío provisional del tráfico N-VI en Lugo con motivo de las obras de renovación y ampliación del paso soterrado.
Obras paso soterrado baixo a N VI
6 Feb 2022

O desvío provisional do tráfico da N-VI, que se executou nas proximidades do Hostal San Lázaro, pola marxe esquerda da estrada en sentido A Coruña, con motivo das obras de renovación e ampliación do paso soterrado quedará habilitado este martes, entorno ás 11:00 horas.

Trátase dun desvío duns 160 metros de lonxitude que discorren en forma de curva, para salvar a estrutura do paso inferior a demoler, e do novo paso a executar baixo a estrada. É dicir, os vehículos que circulen pola nacional desviaranse desde esta facendo unha curva, para volver incorporarse á mesma 160 metros máis adiante.

Os traballos levados a cabo para a execución deste desvío, incluíron o extendido dunha capa de aglomerado e a instalación de sinalización en ambos sentidos de circulación. Previamente, e como parte dos traballos de renovación do paso, tamén se executou o desvío e soterrado das redes de servizos afectadas (Begasa, R, Correos e Telefónica), así como o desvío das canalizacións de auga existentes.

O desvío proxectouse con sección similar á existente, con carrís de 3,5 metros de anchura e beiravías de 1,5 metros, tendo en conta o elevado tráfico da estrada, de máis de 25.000 vehículos diarios. Así mesmo, se permitirá a entrada directa desde a estrada á chaira contigua ao hostal San Lázaro, saíndo polo mesmo punto, para o que se instalará a debida sinalización este mesmo martes.

Dende mañá, luns, cortarase o ramal que une a Calzada da Ponte coa N-VI por unha cuestión de seguridade e aproveitando, ademais, que en breve comezarán tamén as obras para a peonalización da Calzada.

O obxectivo destas obras, que contan cun orzamento de 865.000 euros, é mellorar as condicións deste itinerario peonil, que será apto tamén para o uso de bicicletas, ao tempo que se melloran as conexións dende a trama urbana da cidade coa zona fluvial do Miño, apostando por unha nova mobilidade máis sostible, con novas infraestruturas e dotacións, como a nova pasarela, recentemente inaugurada, que reduzan o uso do vehículo particular, e polo tanto as emisións de gases contaminantes.

ACTUACIÓNS A EXECUTAR
As obras contemplan a demolición do actual paso inferior, feito de formigón, e a execución dunha nova estrutura de paso, cun gálibo horizontal e vertical máis amplos, o que diminuirá o efecto túnel e farao moito máis agradable e seguro para o usuario, con perspectiva de xénero. Neste senso, dobrarase a anchura, pois dos 4,5 metros actuais pasará a 8, e a altura será máis do dobre, pasando dos 2 metros actuais (nos extremos) a 5,3 metros.

Unha vez liberado o espazo e trala demolición do actual paso, levarase a cabo a execución da nova estrutura. Concluído o novo paso subterráneo, repoñerase a iluminación e servizos na N-VI e tamén se reporá o valado, que se levará a cabo coa mesma tipoloxía de peche que o existente, consistente en malla de simple torsión sobre pés dereitos separados 4 m entre si. Tras a finalización destas obras levarase a cabo a reapertura ao tráfico e o levantamento do desvío provisional, que pode durar entre dous meses e medio e tres.

ADECUACIÓN SENDA PEONIL
Por outra banda, o proxecto tamén contempla a adecuación da senda peonil que conecta a explanada situada ao norte da Nacional ata o hostal San Lázaro, con unión a Calzada da Ponte, un itinerario xa existente que, polas súas características actuais, resulta incómodo para os viandantes, especialmente na época de inverno, ao formarse charcos e zonas de barro.

0.17968392372131