O Matela confirma o seu ascenso á Segunda Futgal ante o Abadín

A fin de semana pechou a fase de ascenso da Terceira, deixando xa perfilados os equipos que competirán na Segunda Futgal a vindeira tempada a través do ascenso.
No grupo norte, o Matela protagonizou unha actuación contundente fronte ao Abadín. O conxunto saíu ao San Lourenzo de Aguiar moi metido no encontro, e apenas precisou uns minutos para encarrilar o partido. Micael abriu o marcador aos cinco minutos e, só tres despois, Pablo ampliaba a vantaxe. Sen tempo para a reacción do rival, o Matela anotaba o terceiro tanto aos dez minutos de xogo.
Antes do descanso, Micael volvería marcar, situando o 1-4 no marcador e deixando o partido practicamente sentenciado.
Na segunda metade cada equipo anotou un gol: o Abadín recortou distancias no minuto 59, pero o Matela respondeu de inmediato no 62, certificando un claro 2-5 final.
Este resultado sumouse ao do partido de ida, que tivo lugar antes da Semana Santa, e no que vencera tamén o equipo de Outeiro de Rei pero por unha marxe menor (0-1). Nesa ocasión xogou se no campo do Abadín.
Con esta vitoria, o Matela despídese da Terceira, categoría á que descendera por arrastres hai unhas tempadas, e celebra o seu regreso á Segunda Futgal.