O mercado Nadalmente Lucense continúa enchendo a Praza Maior de Lugo de maxia e actividades

O mercado Nadalmente Lucense continúa enchendo a Praza Maior de Lugo de maxia e actividades para toda a familia durante estas festas. A iniciativa busca dinamizar o comercio local e ofrecer un espazo de lecer para pequenos e maiores.
Neste senso, a programación para os vindeiros días inclúe obradoiros infantís, xogos tradicionais, contacontos e exhibicións de danza, ademais da visita de Papá e Mamá Noel, que farán as delicias dos máis pequenos.
O mercadiño Nadalmente Lucense non só é un lugar para atopar agasallos orixinais e feitos con mimo, senón tamén unha oportunidade para fortalecer a economía do municipio e poñer en valor o talento dos emprendedores e emprendedoras lucenses.
CONSULTA TODA A PROGRAMACIÓN DO MERCADO NADALMENTE LUCENSE