O mercado Nadalmente Lucense incluirá esta fin de semana moitas actividades para os máis pequenos
O mercado Nadalmente Lucense incluirá esta fin de semana talleres infantís, contacontos navideños, xogos tradicionais e a visita de Papá e Mamá Noel, entre outras actividades.
Así o avanzou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou que “esta iniciativa, consolidada como un dos puntos de referencia das festas na cidade, busca dinamizar o comercio de proximidade e converter o centro nun espazo cheo de vida e ilusión durante as datas do Nadal”.
Neste senso, convidou a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño situado no Praza Maior, “co que dende o Concello queremos encher de maxia e calor estas datas tan especiais. Ademais de ofrecer unha experiencia única para toda a familia, este mercadiño é unha oportunidade marabillosa para apoiar o noso comercio local e artesáns, que poñen todo o seu esforzo e creatividade en cada produto”, subliñou.