O mercado Nadalmente Lucense ofrece unha ampla programación para despedir o ano
O mercado Nadalmente Lucense da Praza Maior ofrece unha ampla programación para despedir o ano con ilusión e diversión para pequenos e maiores.
A iniciativa busca dinamizar o comercio local e crear un ambiente festivo e familiar no corazón da cidade.
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, destacou a importancia desta programación: “Queremos que as familias desfruten dun Nadal cheo de maxia e actividades para todas as idades, ao tempo que apoiamos o comercio local e facemos de Lugo un referente nas festas”
O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas, excepto o 31 de decembro, con horario reducido ata as 14.30 horas, e o día 1 de xaneiro, cando permanecerá pechado.
PROGRAMACIÓN COMPLETA DO MERCADO NADALMENTE LUCENSE