O mercado solidario Diversiarte ofrecerá hoxe unha lectura de contos

LugoXa
El mercado solidario Diversiarte de Lugo ofrecerá hoy una lectura de cuentos. Esta iniciativa se extenderá hasta el 17 de diciembre.
diversiarte 2
16 Dec 2021

Onte deu comezo o mercado solidario Diversiarte, na Hora do Seminario con 24 postos. Esta iniciativa ten como obxectivo principal o de colaborar coas asociacións e colectivos a que recaden fondos para desenvolver os seus proxectos e accións dentro do seu ámbito.

O ano pasado non se puido celebrar esta iniciativa polas restricións da COVID-19. A 15 edición desta iniciativa solidaria é unha oportunidade para que a cidadanía aporte o seu gran de area.

A campaña de venda arrincaba a mañá do mércores e durará ate o vindeiro 17 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Neste Diversiarte, o comprador poderá mercar obxectos realizados polos propios asociados e asociadas de cada colectivo; bonecos, cestos, xabóns, entre outros.

Hoxe, xoves 16, ás 19:00 horas, terá lugar unha lectura de contos de obras escritas por persoas con discapacidade, esta actividade está organizada pola Fundación Anade, e a continuación, ás 19:30 horas, a Asociación Os Pinchacarneiros interpretará a obra de teatro O Lazarillo do Miño. Dentro da programación de actividades, esta previsto para o venres 17, unha actuación musical, ás 19:30 horas, a cargo de Luis Pérez e Miguel Bello.

O mercado solidario conta coa colaboración do Concello de Lugo, e a participación dos seguintes colectivos: Síndrome Wolf, AGAL, Capaces, Alucem, Alusor, Alufi, AECC, Diabéticos Lucenses, AFALU, ALCER, ASPALU, FADEMGA, ONCE, AUXILIA, ADACE, ASPNAIS, FEAFES, ALUME, COGAMI, ASORLU, ASFEGA, DOWN, San Vicente de Paúl, Bonhomía, Os Pinchacarneiros e Raiolas.

0.20952296257019