O Mercado Tradicional de Lugo adiántase ao xoves ante o festivo de San Xoán
LugoXa
Debido aos días festivos a área de Participación reprograma a celebración do Mercado Tradicional para o xoves 23 no soto da praza de Abastos
22 Jun 2022
O Concello de Lugo vén de advertir do cambio de data do Mercado tradicional. E é que co gallo do festivo de San Xoán, o Mercado terá lugar mañá, xoves, 23 de xuño, no soto da Praza de Abastos.
Asemade, dende a tenencia de alcaldía informan de que esta reprogramación non afectará ao mercado de Frigsa, que seguirá tendo lugar o venres, no seu horario habitual.