O Mihl acolleu aos tres gañadores do certame de Microrrelatos
LugoXa
No día de onte tivo lugar no MIHL a entrega de premios do certame de Microrrelatos organizado pola área de Cultura para o MIHL.
18 Nov 2021
No día de onte tivo lugar no MIHL a entrega de premios do certame de Microrrelatos organizado dentro da programación anual de actividades da área de Cultura para o MIHL.
O xurado, formado por Beatriz Dourado, Lois Pérez e Marcos López escolleu aos tres relatos gañadores de entre as 42 obras presentadas, que tiveron unha extensión máxima de 30 palabras.
Namorado, de María Fernanda Arrojo resultou o relato gañador do primeiro premio, valorado en 150€. No segundo lugar, con 100€ de premio, situouse Vímolo, de Lucero Robles. O último relato premiado, con 50€, foi Catorce meses e dez días, de Laura Ferreira Freire.