O MIHL contará con nova iluminación exterior

LugoXa
Rubén Arroxo y Alexandre Penas visitaron en la tarde de ayer los trabajos de instalación de la iluminación exterior del MIHL.
ruben arroxo iluminacion mihl
18 Dec 2021

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o MIHL, onde veñen de comezar os traballos de instalación do alumeado na zona exterior do museo. Arroxo explicou que “continuamos a avanzar na mellora da accesibilidade da zona, eliminando unha zona escura da cidade e mellorando o acceso ao museo”.

Con esta actuación, o Goberno de Lugo instalará 23 novas luminarias LED, de 53W, avanzando na instalación de luminarias de baixo consumo en todas as instalacións da rede de alumeado público de Lugo. En toal invístense 41.331,18€. Arroxo explicou que “os traballos desenvolveranse durante as vindeiras semanas”.

O tenente alcalde destacou o potencial do MIHL como espazo expositivo, e destacou que “este ano, unha soa exposición do MIHL recibiu máis de 10.500 visitantes, superando todas as marcas históricas do museo”, e engadiu “desde o Goberno de Lugo continuaremos a achegar propostas expositivas de calidade ao MIHL para facilitar que todas as persoas de Lugo e as persoas que nos visiten descubran unha instalación tan singular coma esta”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20066499710083