O MIHL contará cun ciclo de actividades de animación á lectura para os nenos

LugoXa
El MIHL contará durante este puente de diciembre con un ciclo de actividades para animar a los más pequeños de la ciudad a la lectura.
neno lectura biblioteca
3 Dec 2021

O MIHL contará nesta ponte de decembro cunha serie de actividades enmarcadas na programación de animación á lectura e contacontos para os máis pequenos. Este tipo de actividades teñen como obxectivo achegar aos nenos á biblioteca e ao mundo da lectura e dos contos. Ademais, nesta edición préstase especial atención ao fomento da igualdade de xénero.

Para asistir a estas actividades será preciso retirar entrada, de maneira gratuíta, no portal entradaslugo.es. Os adultos que acompañen aos rapaces tamén deberán retirar entrada, para dar maior preferencia ao público infantil, só se permitirá un acompañante por unidade familiar, cun límite de tres entradas por persoa.

O ciclo conta cun total de cinco actividades que se realizarán durante a ponte de decembro entre o 4 e o mércores 8 de decembro. Cada unha delas estará dirixida a unha franxa de idade.

O sábado 4 de decembro ás 18.30 horas terá lugar Os tres porquiños a cargo de Migallas Teatro, unha actividade que terá unha duración de 30 minutos dirixida a nenos de 1 a 3 anos. É unha sesión de contos a partir dun dos clásicos da literatura infantil, a través de títeres de teatro e cancións, para introducir aos máis pequenos no mundos dos contos.

O domingo 5 de decembro ás 18.30 horas a actividade “Atrapados con Harry Potter” durará 45 minutos e os nenos a partir de 7 anos gozarán dun Scape Room baseado na novela “Harry Potter e o cáliz de lume”. Os nenos terán que resolver unha serie de enigmas para axudar a Garry a fuxir do espazo no que está atrapado.

O luns, 6 de decembro ás 18:30 horas “Debulendo lendas... galegas” unha actividade para nenos de a partir de 5 anos que terá unha duración de 55 minutos. Esta será unha sesión de narración oral ilustrada que utiliza de base a técnica xaponesa “Kamishibai” e na que se decubrirán moitas lendas que falan de xacias e sereas, de piratas ou das aventuras dos pobos celtas que ocupaban os nosos territorios.

O martes 7 de decembro ás 18:30 horas a actividade “Rilla Rilla” por parte de Xarope Tulú está dirixida a nenos de máis de 6 anos. Durante 50 minutos os nenos desfrutarán dun epectáculo-concurso sobre a língua galega que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma.

O mércores 8 de decembro ás 18:30 horas terá lugar a última actividade deste ciclo. “O arquivo do chibo” de Os contos de Pablísimo está dirixida a rapaces e rapazas a partir de 4 anos e terá unha duración de 40 minutos. Será unha fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Un teatriño con múltiples xanelas que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado, empregando monicreques, xoguetes, sombras... e moita cachifallada.

0.17908096313477