O Millaven Club Deportivo Lucense Millavén de balonmán vén de conseguir distintos resultados
O Millaven Club Deportivo Lucense Millavén de balonmán vén de conseguir distintos resultados nas competicións que se celebraron nesta fin de semana.
Así, o sénior masculino acadou a victoria importante ante o Meaño nos instantes finais do partido, un triunfo que permite aos lucenses pechar a primeira volta mantendo as opcións de loitar por clasificarse para o grupo do título. Nun ataque rápido, os locais lograron o 27-26, o resultado final do partido.
Pola súa parte, tamén o xuvenil feminino conseguiu a vitoria na súa visita ao BM Arousa, nun partido que as lucenses dominaron desde o minuto un, e no que fraguaron a súa vitoria nunha boa defensa que contou coa axuda das porteiras, ao que se sumou un ataque fluído que superaba unha e outra vez ao equipo local.
Con respecto ao infantil masculino, este caeu derrotado na súa visita ao BM Arteixo, xa que os lucenses non opuxeron resistencia aos locais xa que saíron ao 40x20 derrotados e tardaron máis de 5 minutos en realizar o primeiro lanzamento a portería e máis de 6 minutos en lograr o primeiro gol, unha secuela que non foron capaces de remontar e que os obrigou a ir a remolque durante todo o partido.
Con respecto ao alevín feminino, estas conseguiron empatar ante o Arteixo tras vencer dous cuartos e ceder noutros dous. Mentres que contra o Xallas, as lucenses venceron tres cuartos e empataron o outro.
O equipo Alevín do Millaven CPLucense logrou a vitoria nos dous partidos que disputou en Tarrio. Ante o Arteixo os lucenses cederon un cuarto, mentres que ante o Xiria venceron nos catro cuartos disputados. Estes resultados permítenlle seguir no grupo de cabeza.
Os máis pequenos do Millaven, os benxamíns, lograron empatar en Tarrío ante o Xiria , tras vencer en dous cuartos e ceder noutros dous. Mentres, ante o BM Xallas cederon nos catro cuartos nun partido de máxima igualdade.