O Millaven CPLucense dá o pistoletazo de saída á nova tempada

LugoXa
O equipo xuvenil masculino comeza a Fase de Clasificación fronte ao Bueu
Millaven-CPLucense
21 Aug 2025

A Casa do Deporte acollerá este venres ás 18.30 horas o inicio da temporada 25/26 para o Millaven CPLucense.

O primeiro en debutar será o equipo xuvenil masculino, que se enfrontará ao Bueu na xornada inaugural.

Os lucenses, encadrados no Grupo B tras o sorteo, competirán tamén contra Atlético Novás e Xiria.

Os resultados desta fase inicial decidirán que equipos avanzan ao Play Off e teñen opción de loitar polas 10 prazas da Liga Ouro 25-26.

⚙ Configurar cookies
0.18476581573486