O Millaven CPLucense xuvenil busca o ascenso á Liga Ouro

LugoXa
O equipo inicia en Lalín un play off no que dous conxuntos lograrán o pase á máxima categoría
Juvenil-Masculino-CPL
11 Sep 2025

O Millaven CPLucense xuvenil masculino afronta esta fin de semana o reto de alcanzar unha praza na Liga Ouro.

O conxunto lucense debutará este venres ás 18.30 horas no Lalín Arena, escenario no que se disputa o Play Off Grupo A que concede dous billetes para a categoría superior.

O primeiro rival será o cadro anfitrión, o Embutidos Lalinense, que parte como favorito para facerse cun dos dous postos en xogo.

O sábado, ás 13.00 horas, o equipo de Lugo medirase ao Celtamotor Reconquista de Vigo, mentres que o peche da súa participación chegará o domingo ás 10.30 horas cun duelo ante o OAR Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.1572539806366