O Mitma licita as obras de rehabilitación do firme dunha estrada de Guntín
O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) licitou as obras de rehabilitación estrutural do firme da travesía de Guntín, entre os km 17,260 ao 18,420 da estrada N-540, que vai de Lugo a Ourense, paralela á autovía A-54. O orzamento de licitación das obras ascende a 241.684 euros.
Os traballos centraranse fundamentalmente na eliminación parcial e reposición das capas do firme, nun espesor variable en función das deterioracións observadas en cada tramo, de calzada, beiravías e zonas de aparcamento, incluíndo a reposición da sinalización horizontal mediante o repintado de marcas viarias existentes. Deste xeito, mellorarase a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios da estrada N-540.
Esta actuación inclúese no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, a través do cal se investiron 25,3 millóns de euros en 2020 na provincia de Lugo, e que xera un impulso significativo para mellorar a calidade de servizo da infraestrutura viaria estatal existente.