O modelo de plataforma única aplicarase en Lamas de Prado

LugoXa
Comezan as obras de construcción dunha nova plataforma única na rúa Lamas de Prado á altura da Praza do Castiñeiro
Lamas de prado portada
22 Ago 2022

Maite Ferro visitou a rúa Lamas de Prado, onde vén de comezar a construcción dunha nova plataforma única á altura da Praza do Castiñeiro, enmarcada dentro do proxecto de integral executado pola área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo. Nos vindeiros días, a veciñanza poderá desfrutar dun novo espazo peonil nun entorno renovado, avanzando na implantación do modelo de plataforma única que tamén se está a executar en zonas como a rúa Luís Seoane, na Milagrosa.

A concelleira destacou a importancia desta obra, dado que “Lamas de Prado é a conexión central dunha zona que conta con máis de 15.000 habitantes", e afirmou que “estase traballando tanto na renovación das beirarrúas como nas diferentes instalacións de servizos que están soterrados”. O Goberno de Lugo inviste 533.933€ nesta actuación, que foi adxudicada a Construccións RAFER S.L.

A seguridade vial da zona mellorará con esta renovación. A renovación das beirarrúas permitirá aumentar a accesibilidade ao eliminarse as barreiras arquitectónicas presentes na actualidade. Habilitaranse novos pasos de peóns elevados, ademais de mellorarse a disposición da sinalización vial. Renovarase o mobiliario urbano e as zonas verdes da zona e instalarase unha nova marquesina para a parada do bus urbano.

0.20408201217651