O Moto Club Lóstregos-Lvcvs percorrerá os Ancares nunha nova ruta con parada no Castelo de Doiras

LugoXa
A actividade, que se celebrará o 25 de outubro, combinará mototurismo, cultura e natureza, e rematará cunha polbada de convivencia en Lugo
ruta-moto-Castelo-de-Doiras-Cervantes
21 Oct 2025

Este sábado, 25 de outubro, o Moto Club Lóstregos-Lvcvs celebrará unha nova ruta motera que percorrerá as montañas dos Ancares lucenses ata o Concello de Cervantes, onde os participantes están convidados a visitar o Castelo de Doiras, grazas á colaboración e hospitalidade do propio concello.

A xornada reunirá socios do Moto Club Lóstregos-Lvcvs, membros doutros motoclubes —entre eles o Moto Club Bañezano—, así como numerosos simpatizantes e afeccionados ao motor. A actividade culminará cunha pulpada de convivencia na cafetería As Gándaras, en Lugo, mantendo o espírito de camaradería que define ao club lucense.

O Castelo de Doiras, unha das xoias patrimoniais máis destacadas de Cervantes, é unha fortaleza medieval do século XV chea de historia e rodeada de lendas, entre as que destaca a de Aldara, símbolo de amor e traizón. Situado nunha posición privilexiada, domina o val do río Doiras e ofrece unhas vistas espectaculares da serra dos Ancares, un espazo natural de gran valor paisaxístico e cultural.

Desde o Moto Club Lóstregos-Lvcvs queren expresar o seu sincero agradecemento ao Concello de Cervantes pola súa invitación e colaboración, que fan posible esta experiencia única que une mototurismo, cultura e natureza baixo o lema “Rodando por Galicia, compartindo camiños”.

⚙ Configurar cookies
0.073343992233276