O Moto Club Rábade Biker’s organiza a súa primeira Papanoelada

LugoXa | TerraChaXa
A xornada comezará ás 11:00 horas cunha concentración diante do Concello de Outeiro de Rei, seguida dunha ruta polas parroquias
papanoelada-moteira
15 Dec 2024

O vindeiro 22 de decembro celebrarase a 1ª Papanoelada organizada polo Moto Club Rábade Biker’s, percorrendo os concellos de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte. Esta actividade, que combina a paixón polas motos co espírito do Nadal, contará cun variado programa de eventos.

A xornada comezará ás 11:00 horas cunha concentración diante do Concello de Outeiro de Rei, seguida dunha ruta polas parroquias. Ás 13:00 horas está prevista a chegada a Rábade, na Praza de España, onde se realizará unha pausa antes de retomar a marcha.

Entre as 15:30 e as 16:00 horas partirán desde Rábade en dirección a Begonte, facendo unha visita ao Mercado de Nadal que se celebrará nese municipio. O día rematará ás 19:00 horas cunha chocolatada no Campo da Feira de Rábade, onde se dará por concluída esta singular xuntanza.

O evento promete ser unha experiencia única para os amantes das motos e para todos aqueles que desexen gozar dunha tarde diferente en pleno Nadal.

0.17712903022766