O Motocarnaval regresa a Orbazai este 14 de febreiro

O Campo da Festa de Orbazai acollerá este venres, 14 de febreiro, a celebración do II Motocarnaval de Orbazai, unha xornada festiva que combinará motos, disfraces, gastronomía e música nun ambiente de entroido aberto a todo o público.
O evento, organizado por Jabatos Bravios, dará comezo ás 11.00 horas coa saída das motos desde o restaurante Bora Bora, en Lugo, mentres que ás 11.30 horas está prevista unha ruta pola zona. Unha vez rematado o percorrido, os asistentes poderán desfrutar dunha pancetada e postres típicos gratuítos para todas as persoas participantes.
Durante a xornada tamén se entregará un premio ao mellor disfrace, tanto da moto como do piloto ou pilota, e haberá música ata o remate do evento, para prolongar a celebración ao longo do día.
Desde a organización solicítase confirmación de asistencia antes do 7 de febreiro. As persoas interesadas poden contactar con Marta (699 409 425) ou Jordan (665 074 873) para máis información ou para formalizar a inscrición.