O motoclub Lóstregos Lvcvs organiza a VI edición da súa ruta mototurística Pata de Xato

LugoXa
O evento propón unha ruta duns 160 quilómetros polas montañas de Lugo e Asturias
VI-Pata-de-Xato-Lostregos-Lucus-Moto-Club
21 Mar 2026

O motoclub Lóstregos Lvcvs organiza a sexta edición da súa xa consolidada ruta mototurística “Pata de Xato”, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de abril de 2026, nunha xornada que se desenvolverá entre as 9:30 e as 17:30 horas.

O evento propón unha ruta duns 160 quilómetros polas montañas de Lugo e Asturias, combinando condución por estradas secundarias con paisaxes naturais de gran atractivo e unha importante compoñente gastronómica.

A xornada comezará cun almorzo para os participantes, ao que seguirá a saída da ruta. Durante o percorrido está prevista unha parada para visitar o Museo de Mazonovo, así como un aperitivo antes da comida final.

Como é tradición neste evento, o día rematará cun menú no que destaca a “pata de xato”, prato protagonista que dá nome á ruta, acompañado doutros servizos incluídos na inscrición, cun prezo de arredor de 50 euros.

A “Pata de Xato” consolídase así como unha das citas mototurísticas máis destacadas da provincia, reunindo afeccionados ás motos, ao turismo e á gastronomía nun ambiente de convivencia e promoción do territorio.

0.12071299552917