O movento cívico polo campus reclama unha entrevista ao conselleiro de Educación
O Movemento Cívico Campus Lucense promovido pola Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti, reiteraron a petición dunha entrevista ao concelleiro de Educación, Román Rodríguez.
O colectivo achegou un arquivo de prensa que se fai eco do Movemento Cívico Campus Lucense, que actualmente está formado por 107 colectivos e reiteran a súa petición de entrevista manifestando a súa intención de desprazarse se fai falta.
O Movemento Cívico Campus Lucense baseou a súa estratexia desde o primeiro momento en dous grandes aspectos: por unha banda, conseguir a implicación de todo o tecido social da provincia de Lugo (concellos, sindicatos, organizacións agrarias, empresariais, asociacións culturais, veciñais, etc…) e doutra banda en abrir unhas vías de dialogo permanente cos concellos, Deputación, Reitorado da USC e Consellería de Educación da Xunta de Galicia (entidade con competencias na xestión universitaria). O obxectivo, era e é "apoiar ao Campus de Lugo, non permitir a redución de ningunha titulación actual, evitar compartir graos con outros Campus e que as clases fosen sempre presenciais".
Despois de case tres meses de actuación o Movemento Cívico xa está formado por 123 colectivos (onde se recolle todo tipo de sensibilidades e cores políticos). "A Sociedade Lucense, cremos, concienciouse plenamente en apoio do Campus da nosa provincia. Recibimos o apoio da Deputación Provincial de Lugo. Tamén chegamos a consenso co Reitor da USC, ao que lle agradecemos que se desprazase a Lugo para reunirse connosco. Pero non todo son boas noticias. A Xunta de Galicia, con competencias plenas en materia educativa non respondeu a ningunha das nosas peticións para manter un dialogo connosco", explican.
Logo de enviar unha carta ao conselleiro, o colectivo non recibiu ningunha resposta, "o cal nos leva a pensar que a Consellería de Educación non quere escoitar a un Movemento Cívico que conseguiu sensibilizar a toda a Sociedade Lucense. A actitude da Xunta de Galicia e concretamente do Conselleiro de Educación, parécenos unha actitude de desprezo, soberbia e ninguneo aos intereses educativos da sociedade Lucense".
"Non tivo nin a mínima delicadeza de dedicarnos dous minutos, o cal induce a pensar que os problemas do Campus Lucense ao Sr. Conselleiro téñenlle completamente sen coidado. Mes e medio esperando por unha entrevista, que o 19 de xaneiro do actual volvemos reclamar e nin unha resposta, nin unha comunicación por parte da Xunta de Galicia", insisten.
Ante a actual situación, emprazan ao Partido Popular que se manifeste clara e publicamente se comparte ou non que a norma de 45 alumnos para levar a cabo un grao universitario mantéñase ou cambie. "Pola nosa banda, a nosa postura é clara, esta Lei dun mínimo de 45 alumnos é unha Lei obsoleta que ten máis de 12 anos, non se adapta á realidade actual e debe ser cambiada, diminuíndo substancialmente o número de 45 alumnos para levar a cabo un grao ou ben eliminando o número mínimo de alumnos, xa que consideramos que as titulacións do noso Campus son estratéxicas e singulares para a Sociedade Lucense".