O Muiño de Olga será un punto de divulgación científica da USC

LugoXa
O Muiño de Olga será un punto de divulgación científica tras un acordo da Confederación Hidrográfica coa Universidade
o muiño lugo
3 Abr 2023

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, rubricarán en breve un acordo que posibilite a cesión do uso do Muiño de Olga, propiedade da CHMS, en favor da USC, co interese de poñer en valor e potenciar o coñecemento dos ríos e das infraestruturas hidráulicas asociadas á auga desde a antigüidade.

O acordo está na fase final previa á firma, este contén as características do proxecto construtivo que consiga dar a finalidade adecuada ao edificio, eliminando os feísmos desta contorna tan privilexiada ao bordo do río Miño, á beira da Acea de Olga e situado nun municipio tan arraigado á historia e ao patrimonio.

“Basicamente, trátase da poñer en marcha unha folla de roteiro que estableza o marco de colaboración para dotar ao “Muiño de Olga” de contido adecuado que potencie e valorice os ríos e estas infraestrutura tradicionais presentes nos leitos, sobre todo na provincia de Lugo” explicou Quiroga

A proposta da USC para dotalo como punto de divulgación científica e de transferencia de coñecemento é, sen dúbida, a adecuada para esta infraestrutura tradicional, tan arraigada á provincia de Lugo.

A CHMS está a piques de concluír a redacción do proxecto construtivo de Rehabilitación Muíño de Olga e demolición de elementos anexos, co que se pretende restaurar o inmoble citado, bastante deteriorado na actualidade, eliminando elementos anejos e adecuando a contorna evitando o impacto paisaxístico; o acordo que está a piques de asinarse conterá un anexo de adecuación ás necesidades da Universidade que serán incorporadas ao proxecto inicial para a súa licitación.

Hai que lembrar que as Universidades teñen entre as súas funcións, a difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico e social, polo que se considera a institución máis adecuada para realizar a explotación que por si sóla xa é parte da cultura e da historia e patrimonio da nosa Comunidade Autónoma.

O acordo conterá o compromiso de destinar a devandita instalación a actividades de divulgación dos equipos docentes e grupos de investigación vinculados do Campus Terra e da Universidade en xeral, especialmente os dedicados á hidrología, xestión de recursos hídricos do río e as súas fauna, flora, construcións ou etnografía.

O investimento estimado do proxecto construtivo ascende a 800.000 €, que serán sufragados pola CHMS na súa totalidade.

0.17316198348999