O Museo de Lugo inaugura unha exposición sobre o patrimonio das villae romanas

LugoXa
O Museo Provincial de Lugo inaugura unha exposición con material divulgativo e explicativo sobre o patrimonio arqueolóxico, conservado no museo, vinculado coas villae romanas.
exposicion_villae_romanas_lugo
21 Mar 2024

O Museo Provincial de Lugo inaugura unha exposición con material divulgativo e explicativo sobre o patrimonio arqueolóxico, conservado no museo, vinculado coas villae romanas. A realización desta mostra ten como obxectivos complementar as VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, divulgar esta parte concreta do patrimonio arqueolóxico e aportar coñecemento e información rigorosa de xeito aberto, inclusivo e gratuíto.

A través de paneis con textos actualizados, fotografías ou debuxos documéntase e amósase, temporalmente, unha escolma de pezas representativas do material custodiado nas zonas de reserva, que se situará a carón das vitrinas da colección estable onde se expoñen pezas arqueolóxicas procedentes de villae lucenses.

Amósanse materiais dos xacementos de San Vicente de Castillón (Pantón), Vilar da Graña (Roupar, Xermade), Area (San Xiao de Faro, Viveiro), Sta María de Proendos (Sober), Quintá (San Vicente da Grade, Chantada) e Agro de Parapar (Barbaín, Lugo); algúns deles expostos ao público por vez primeira, como un fragmento de estuco procedente da villae marítima de Area (Viveiro), dous chocallos achados en Proendos (Sober) e un ponderal de 40 libras, de Castillón (Pantón).

A mostra, na que se inclúen pezas nunca expostas ao público, pode visitarse ata o 31 de maio na sección de Prehistoria e Arqueoloxía do museo provincial e está comisariada por Enrique Alcorta, Aurelia Balseiro e M.ª Ofelia Carnero. As inscricións neste programa, que pode ser presencial ou en liña, xa están abertas. Está dirixido á comunidade científica pero tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos, coleccionistas, docentes ou guías turísticos. A participación na xornada require inscrición previa a través do formulario dispoñible na web  www.redemuseisticaluga.org ata o día previo ao inicio das xornadas, o 4 de abril. Para obter o diploma acreditativo, será preciso asistir ao
75 % das sesións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20418787002563