O Museo de Lugo presenta unha visita virtual á exposición de Soledad Peralta

LugoXa
Será a partir do 16 de setembro, cando peche a mostra no Museo
exposicion-museo-soledad-peralta
15 sep 2024

O Museo Provincial de Lugo contará a partir do vindeiro luns, 16 de setembro, cunha visita virtual á exposición Emocións da escultora Soledad Penalta. A mostra, que se pode ver ata este domingo no espazo lucense, estará dispoñible para todas as persoas que o desexen na páxina web da Rede Museística Provincial.

A deputada de Cultura Iria Castro despediu esta mostra durante o encontro realizado coa artista este venres na que “puidemos desfrutar da traxectoria da artista e percorrer a súa obra para construír un mundo de emocións, cativador e atraente para o espectador” e animou á veciñanza da provincia a visitar, agora a través dos seus fogares, a obra de Penalta explicada a través dunha selección curada de vinte pezas de gran formato que capturan a esencia e a destreza da súa produción dos últimos anos.

0.19568300247192