O Museo de Viladonga acolle todo o verán un campamento de conciliación

LugoXa | TerraChaXa
Está aberta a inscrición para as tres quendas finais xa que a primeira xa está completa
campamento-veran-nenos
Nenos xogando nun campamento
15 Jul 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de 6 ata 16 anos de idade desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

Nestes obradoiros terán prioridade as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Con este fin, o Museo do Castro de Viladonga arrancou un campamento cultural de conciliación para nenos e nenas de 6 a 12 anos baixo o título Campamento Castrexo na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

A primeira quenda, que ten a matrícula completa é do 15 ao 26 de xullo pero está aberta a inscrición para as tres seguintes que serán do 29 de xullo ao 9 de agosto, do 12 ao 23 de agosto e do 26 de agosto ao 6 de setembro.

O horario do campamento é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e nel faranse obradoires e viaxes culturais. Hai 15 participantes por quenda e para asistir é obrigatorio cubrir o formulario de inscripción e envialo a: difusion.museo.viladonga@xunta.gal ou ben achegalo ao museo.

0.15372610092163