O museo de Viladonga celebra esta semana actividades de Nadal para escolares e familias
O Museo do Castro de Viladonga inicia mañá, luns 12 de decembro, o seu programa de Nadal con varias sesións dedicadas aos pequenos da casa.
Así este luns e martes (12 e 13) haberá unha sesión de contacontos a cargo de Soleda Felloza dirixida a grupos escolares, que se desenvolverá ás 10.30 e ás 12.00 horas.
O mercores 14 e o xoves 15 será a vez dun obradoiro de elaboración de xoguetes, que tamén será en sesión matinal para grupos escolares, ás 10.30 e con outra ás 17.00 horas para familias. Está dirixido por José Manuel García Fernández para nenos de 6 a 12 anos acompañados dun adulto. Os que desexen inscribirse poden facelo no teléfono 982 870 160.
Co mesmo público pecharán a programación co espectáculo Chungo que te cagas, de Peter Punk. Tamén con dous pases ás mesmas horas.