O Museo do Castro de Viladonga abre o prazo de inscrición para un obradoiro sobre plantas mediciñais

LugoXa | TerraChaXa
O obradoiro terá lugar o sábado 21 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas, e será impartido pola experta Lola Tourón
curso-a-botica-do-castro
18 Jun 2025

O Museo do Castro de Viladonga vén de abrir o prazo de matrícula para participar na edición 2025 do obradoiro A Botica do Castro de Viladonga, unha actividade centrada na identificación e uso tradicional das plantas medicinais que medran na contorna do castro.

O obradoiro terá lugar o sábado 21 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas, e será impartido pola experta Lola Tourón, quen guiará ás persoas participantes nun roteiro práctico polo espazo natural que rodea o museo, dando a coñecer os usos tradicionais das plantas na medicina popular galega.

A actividade está limitada a 20 prazas, e a inscrición deberá facerse por orde de chamada ao teléfono 982 870 160. En caso de superar o número de solicitudes, terán preferencia aquelas persoas que non participasen en edicións anteriores.

⚙ Configurar cookies
0.16082906723022