O Museo do Pobo Galego rendeu unha homenaxe a Crecente Vega coa participación do Concello de Castro de Rei
LugoXa | TerraChaXa
Grupos como A Quenlla interpretaron O carballo de Luxís; e cantautores como Eladio Santos, interpretaron Cantar do Muíño; e MJ Pérez, interpretou Paspallar
Homenaxe a Crecente Vega en Santiago
29 Xul 2024
O Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela acolleu o acto Musicando a Crecente Vega, no que se interpretaron pezas musicais sobre obras deste autor chairego.
Grupos como A Quenlla interpretaron O carballo de Luxís; e cantautores como Eladio Santos, interpretaron Cantar do Muíño; e MJ Pérez, interpretou Paspallar.
Acto organizado pola Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia e no que participou o Concello de Castro de Rei coa presenza do alcalde, Francisco Balando, xunto con familiares do poeta, para renderlle esta homenaxe e facer recoñecemento da súa obra.