O Museo Provincial acolle unha mesa redonda sobre as implicacións da muller na arte

LugoXa
O Museo Provincial de Lugo acolleu a mesa redonda As mulleres na arte.
as_mulleres_na_arte_museo
7 Mar 2024

O Museo Provincial de Lugo acolleu a mesa redonda As mulleres na arte. Retos e Dificultades, na que as artistas da mostra colectiva As 7 e 7 e máis por Sergio Marey, responsable da curadurí, abordaron implicacións de ser muller na profesión artística. A visibilidade, as oportunidades laborais, a presenza en espazos expositivos e museísticos foron algúns dos temas que se abordaron neste coloquio, moderado por Mónica Alonso.

As 7 e 7 é unha mostra que busca pular polo coñecemento e as achegas que elas fan á arte, ao pensamento de Galiza e do mundo, xa non só ao longo da historia senón tamén agora. A exposición quere dar á coñecer ás 7 artistas cuxas obras están expostas no Museo Provincial de Lugo, sacalas a luz e valorizalas como as referentes artísticas que son.

A mostra está composta por obras seleccionadas de Maruja Mallo, Xulia Minguillón, Mónica Alonso, María Luísa Pérez Herrero, María del Carmen Corredoira, Violeta Bernardo e María del Carmen Álvarez de Sotomayor y Castro presentes nesta colección que se misturarán coas de outras tantas artistas emerxentes – Noa Costas Martín, Christina Chiarroni, Carmen Quintáns, Sabela Eiriz, Greta Debelius e as irmás Noa e Lara Castro Lema -.

0.22774291038513