O Museo Provincial acolle unha mostra pictórica sobre Roma
LugoXa
A Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo acolle desde este venres a mostra pictórica Muller e poder en Roma de Alfredo Erias.
16 Xuño 2023
A Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo acolle desde este venres a mostra pictórica Muller e poder en Roma do historiador, pintor e debuxante Alfredo Erias (Abegondo, 1954).
Trátase dunha ducia de cadros -a maioría retratos de mulleres da élite económica e social de Roma-, creados a partir de esculturas e elementos arquitectónicos romanos.
A mostra enmárcase nas actividades que o Museo Provincial de Lugo organiza ao redor do Arde Lucus, acollendo no xardín o campamento das Asamblearias.