O Museo Provincial de Lugo acolle as I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual
O Museo Provincial de Lugo acolle as primeiras Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual: novas perspectivas o día 12 de novembro.
O obxetivo destas xornadas é iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. É decir crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.
As xornadas darán comezo ás 9.30 con unha apertura a cargo de diferentes representantes e ás 10.00 dará comezo a primeira conferencia Cuestionando a cisheteronormatividade na escola: Bibliodiversidade como exemplo de boas prácticas a cargo de Ana M. Amigo-Ventureira docente en educación primaria con un Doutoramento Internacional, cunha tese doutoral na que analiza a escola como espazo de reprodución de discursos cisheteronormativos e o papel do profesorado galego na reprodución destes discursos.
O descanso terá lugar ás 10.45 para continuar ás 11.00 coa conferencia Algúns debates éticos, políticos e antropolóxicos sobre a necesidade dunha educación afectivo - sexual integral a cargo de Enrique Latorre Ruiz profesor na facultade de Filosofía e investigador na Facultade de Ciencias da Educación e céntrase nos estudos feministas da ciencia e a tecnoloxía e as políticas queer.
Haberá outro descanso ás 11.45 e ás 12.15 a presentación do Movenmento de investigación e estudo lucense Diverses. Ás 12.30 terá lugar a conferencia Coeducar en Diversidade, coeducar en Igualdade: crear un centro onde poidamos ser nós mesmes a cargo de Paloma García García profesora e coordinadora e dinamizadora do Grupo de Diversidades afectivo-sexuais de alumnado do IES Castro de Alobre ademais de integrante da Rede Educativo de Apoio LGBTIQ+ de Galicia.
Ás 13.00 terá lugar unha mesa redonda con Ana Amigo, Enrique Latorre e Paloma García para un debate con preguntas do público.
A tarde dará comezo ás 16.00 coa conferencia Acompañamento profesional a persoas trans e con xéneros expandidos desde un modelo transpositivo con Sore Vega Sandín que está realizando o doutoramente sobre a construción da subxectividade e estratexias de resistencia das persoas non binarias.
Ás 17.00 terá lugar a conferencia Situación legal/leis LGTBIQA+ do país e estatais a cargo de Miguel Vieito xurista, avogado, investigador e asesor legal de ARELAS. O descanso será ás 18.00 e ás 18.30 haberá outra mesa redonde de persoas LGTBIQA+ falando da súas experiencias no ámbito educativo, legal e da saúde.
O longo de todo o día terá lugar unha intervención colaborativa: Papeis que falan a cargo de Vicente Blanco e Salvador Cidras, profesores da Área de Didáctica da Expresión Plástica da USC na Facultade de Formación do Profesora de Lugo.
A clausura das xornadas será ás 20.30.