O Museo Provincial de Lugo acollerá a xornada ‘Arte, memoria e museos’ o 30 de outubro

O Museo Provincial de Lugo acollerá o 30 de outubro a xornada 'Arte, memoria e museos', na que se propón unha análise sobre os pasos dados en Galicia na musealización da memoria, fundamentalmente ligados á recuperación e visibilización da obra de artistas no exilio.
A asistencia ás xornadas con diploma acreditativo require inscrición previa a través do formulario dispoñible na web comunidadermpl.gal e nas redes sociais do Museo Provincial de Lugo. A inscrición é gratuíta.
Coordinado por Aurelia Balseiro, directora do MPL e Inmaclada Real López, o programa inclúe relatorios e intervencións de Juan Manuel Monterroso Montero, director do departamento de Hihstoria da Arte da USC, de Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra, e de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira.
A declaración como BIC do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada, pioneiro en Galicia na musealización da memoria, o Día das Artes Galegas a Isaac Díaz Pardo ou o 75 aniversario do pasamento de Castelao dan contexto a unha xornada que pon en relevo as obras de artistas no exilio do Museo Provincial de Lugo.