O Museo Provincial de Lugo conmemorou o Día Mundial da Síndrome de Down cunha exposición

O Museo Provincial de Lugo conmemorou o Día Mundial da Síndrome de Down cunha exposición organizada pola Asociación Síndrome de Down Lugo e inaugurada por Iria Castro, deputada da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Esta mostra, que pon de relevo a diversidade, a inclusión e a singularidade de cada persoa, foi un paso importante para sensibilizar ao público sobre a necesidade de promover unha sociedade máis xusta e respectuosa.
O evento contou coa presenza de representantes de distintos colectivos e institucións, como a Subdelegación do Goberno, o Concello de Lugo, e outras organizacións sociais, evidenciando o compromiso colectivo coa igualdade e os dereitos das persoas con discapacidade.
Un dos momentos máis emotivos do acto foi a lectura do manifesto, levada a cabo pola Asociación Síndrome de Down Lugo, nas voces de Alba e Iría, quen expresaron as demandas e esperanzas do colectivo. A súa intervención subliñou a loita diaria por unha sociedade que valorice a diversidade e promova a inclusión.
Neste marco, tamén se destacou o papel dos museos como espazos transformadores, capaces de xerar unha mirada máis consciente e respectuosa sobre a realidade das persoas con discapacidade, contribuíndo ao desenvolvemento dunha cidadanía máis inclusiva e solidaria.