O Museo Provincial de Lugo foi o escenario do proxecto 'Quen ocupa esta cadeira?'

LugoXa
Ao longo da mañá, un total de 347 persoas puideron desfrutar desta actividade, que trouxo á vida a 70 mulleres de diferentes épocas e campos
quen-ocupa-esta-cadeira-teatro-Museo-Lugo
8 Mar 2025

O Museo Provincial de Lugo foi o escenario do proxecto 'Quen ocupa esta cadeira?' levado a cabo polo alumnado da Escola Palimoco, unha iniciativa que rindiu homenaxe ás mulleres que abriron camiño en distintos ámbitos.

As persoas asistentes puideron sentarse fronte a cadeiras e participar nunha experiencia única interactuando coas personaxes representadas polas e os estudantes, "habitando os espazos do museo con historias" que as protagonizan.

Ao longo da mañá, un total de 347 persoas puideron desfrutar desta actividade, que trouxo á vida a 70 mulleres de diferentes épocas e campos.

Entre as figuras representadas atopábanse Nevenka Fernández, Maixabel, Ariana Grande, Rosalía de Castro, María Villanueva, Tina Turner, Greta Thunberg, María Pita, Xela Arias, Cleopatra, entre moitas outras. Cada unha delas tomou a palabra para contar a súa historia e deixar un legado de loita, superación e transformación.

O proxecto non só permitiu coñecer a figuras históricas, senón tamén dar voz a mulleres que foron referentes na actualidade.

⚙ Configurar cookies
0.082297801971436