O Museo Provincial de Lugo incorpora dúan pezas a súa colección

LugoXa
O Museo Provincial de Lugo incorpora dúas pezas do escultor José Díaz Fuentes a súa colección de Belas Artes
novas pezas museo provincial
3 Mar 2023

O Museo Provincial de Lugo contará con dúas obras do escultor José Díaz Fuentes (Sarria 1940-Paris 2010) nas súas coleccións de Belas Artes. Trátase de Laparada, cedida, unha escultura en ferro, que pode verse no xardín do Museo Provincial de Lugo na Rúa Nova,

A segunda peza é Retablo, doada, unha peza artellada en madeira, ferro, teas e corda, que conxuga escultura e debuxo, como mostra da riqueza tradicional do traballo da madeira en Galiza que se instalará na Sala 24 do Museo Provincial de Lugo.

Maite Ferreiro agradeceu “a xenerosidade da viúva do escultor Florence Normier, que permitirá ampliar a colección de escultura galega contemporánea do Museo de Lugo incorporando a obra  dun artista, que malia transladarse a Francia a comezos dos setenta, alimentou o seu universo creativo das paisaxes da natureza e do patrimonio artístico, arquitectónico, literario e musical ligado ao Camiño de Santiago que viviu en Sarria”.

As pezas formaron parte da mostra José Díaz Fuentes. Retrospectiva. A árbore interior, que se clausurou este martes no Museo Provincial de Lugo despois de tres meses.

0.21317982673645