O novo adestrador do Residencia aposta polo equipo do ano pasado, con poucas incorporacións

LugoXa
O Residencia inicia mañá, domingo, a liga na categoría Preferente. O duelo inicial será na casa, no campo da Cheda, ante o Betanzos ás 12.00.
RESIDENCIA
18 sep 2021

O Residencia inicia mañá, domingo, a liga na categoría Preferente. O duelo inicial será na casa, no campo da Cheda, ante o Betanzos ás 12.00 horas.

Preséntase este ano o equipo cun novo corpo técnico que dirixe Dani Galán e ao que acompañan Antonio Gómez, Héctor, Carlos Raposo e Iñaki. Substitúe deste xeito a Álvaro Meilán, que dirixou o primeiro equipo de club os últimos anos.

Galán apostou polo equipo saínte e renovou a unha gran parte. Así repetirán este ano no banco blaquiazul Rober, Chiqui, Javi Raposo, Adrián Rasilla, Diego, Adri, Tebi, Barrio, Renda, Sergio, López, Yeray, Kevin, Lucas, Edrosa e Arturo. Jorge Veloso, capitán en xuvenís e goleador do primeiro equipo dende hai dúas tempadas e tras ser o pichichi do equipo no ano do seu debut, estará no seu terceiro como blanquiazul ás orde de Dani Galán.

Tamén hai caras novas, así destaca a volta á Cheda de dous coñecidos, Borja Rasilla, procedente do Pol e Borja do SDC San Roque. Ademais únense Rois dende o Pol, Santi do Ribadeo e Juan Pereiro do Moaña.

0.20735287666321