O novo ciclo de animación á lectura do MIHL contará Antía Yáñez, Paula Carballeira, Pakolas ou Caxoto

LugoXa
O MIHL acollerá 6 novas actividades de animación á lectura organizadas pola área de Cultura e dirixidas ás nenas e nenos de Lugo.
mihl_actividades_animacion_a_lectura
19 Abr 2024

O MIHL acollerá 6 novas actividades de animación á lectura organizadas pola área de Cultura e dirixidas ás nenas e nenos de Lugo. "Con estas actividades pretendemos achegar ás máis pequenas e pequenos á biblioteca e ao mundo da lectura e dos contos, prestando ademais especial atención ao fomento da igualdade de xénero", explicou Maite Ferreiro.

A área de Cultura utiliza o MIHL para estas actividades, "promocionando tamén esta instalación, as súas exposicións e a súa singularidade", explicou a edil de Cultura.  As propostas contan sempre cunha gran participación por parte do público, “achegándose cada ano máis de 800 nenas e nenos nos distintos ciclos de programación".

As actividades de Animación á Lectura e Contacontos divídense en catro trimestres, realizándose unhas 20 actividades ao longo do ano. Cada unha delas, está adaptada para as distintas idades das nenas e nenos participantes, achegando actividades de lecer para nenos desde 1 ano ata os 12 de xeito totalmente gratuíto para as familias.

O novo ciclo terá lugar entre o 23 de abril e o 13 de xuño, e achegará a Lugo a nomes recoñecidos como Antía Yáñez, Paula Carballeira, Pakolas ou Caxoto, que cumpre 20 anos percorrendo bibliotecas e escenarios de toda Galiza. As entradas para os espectáculos poden retirarse de xeito gratuíto a través do portal entradaslugo.es. Cada espectáculo conta cunha cabida de 70 persoas, permitíndose o acompañamento dun adulto.

0.17577719688416