O novo club de motos e quads Domingueros da Fonsagrada estréase cunha ruta polo municipio
A Fonsagrada conta cun novo club de motos e quads. Trátase de Domingueros que se estrea como colectivo coa súa primeira ruta de motos, quads e ATV que terá lugar o 17 e o 18 de maio no municipio. O programa comeza venres ás 21.00 horas coa presentación da ruta para logo dar paso a exhibición de Paulo Martinho na praza do concello.
A saída terá lugar o sábado a partir as 08.30 horas, xornada na que os asistentes tamén poderán gozar de cea e sorteo de agasallos. As inscricións xa están abertas e poden facerse a través da sede electrónica do Concello de A Fonsagrada no caso de ter DNIe/certificado electrónico, Cl@ve PIN, Cl@ve permanente ou Cl@ve móbil.
Tamén se pode realizar a través do seguinte formulario. Para os ATV que desexen levar acompañantes, deben completar a inscrición ao igual que os pilotos, e no lugar onde se solicita o nome do club, poñer acompañante. O club habilitou
un total de 250 participantes e as inscricións estarán abertas ata o domingo 12 de maio ás 23.59 horas.