O obradoiro Eo-Navia III formará a 20 persoas da Pontenova, a Fonsagrada e Negueira

LugoXa | AMariñaXa
O obradoiro Eo-Navia III formará a 20 persoas da Pontenova, a Fonsagrada e Negueira de Muñiz en albanelería e construción
troncos madeira arbore bosque
4 Out 2022

O Concello da Pontenova contará cun obradoiro de emprego compartido cos veciños concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñíz.

Este taller, que será o Eo-Navia III, contará cun total de 20 alumnos repartidos en 6 da Pontenova, 6 de Negueira e 8 da Fonsagrada.

Os requisitos dos alumnos para participar neste obradoiro son estar desempregado no momento da selección e no momento da contratación

e empadroado no Concello, ter unha idade entre 18 e 64 anos, contar co Certificado de Escolaridade, e inscribirse na Oficina de Emprego de Ribadeo na opción: AGAR0309: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. 

Os alumnos do obradoiro cobrarán o salario mínimo interprofesional durante os 12 meses que dura o mesmo.

Para máis información dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, chamar ó teléfono 982 34 22 77 ou ben na sede electrónica correspondente a cada Concello.

0.15601682662964