O Open Cidade de Lugo volve co mellor do boxeo galego
A segunda edición do Open Cidade de Lugo confirma as súas fechas. O torneo de boxeo celebrarase o 21 e o 22 de setembro na cidade da man do Boxing Club Cidade de Lugo, que tamén é o primeiro club confirmado, e do Lucus padel, as dúas entidades organizadoras. A primeira convocatoria tivo lugar o sábado 16 de decembro no ximnasio de boxeo do Polideportivo O Palomar e participaron 13 clubs de toda Galicia.
Concretamente, un total de 50 deportistas disputaron 26 combates no evento a porta pechada organizado polo Boxing Club Cidade de Lugo e a Federación Galega de Boxeo coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Lugo. Déronse cita as categorías serán schoolboys e schoolgirls categorías infantil (11-12 anos) e cadete (13-14 anos), júnior (15-16 anos) e xove (17-18 anos). O evento dividirase nunha sesión en horario de mañá a partir das 11.00 horas e outra de tarde a partir das 16.00.