O operativo invernal da Deputación de Lugo está a actuar nas estradas provinciais máis afectadas polas nevadas

LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
As acumulacións de neve chegan ata os 25 centímetros en varios concellos e mobilízanse 16 máquinas quitanieves e 48 operarios para garantir a circulación
actuación-Deputación-neve-Lugo
6 Jan 2026

O operativo invernal da Deputación de Lugo activouse desde as 7.00 horas da mañá para facer fronte ás nevadas rexistradas nas últimas horas, que están a afectar de maneira significativa a numerosas estradas da rede provincial. En varios puntos da provincia detectáronse acumulacións de neve que oscilan entre os 5 e os 25 centímetros de espesor, o que obrigou a intensificar os traballos de limpeza e mantemento viario.

Entre as zonas máis afectadas atópase o concello de Baleira, con vías como a LU-P-0401 de Corveira por Corneas a Restelo, a LU-P-0405 de Fonteo a Lastra ou a LU-P-0407 de Fontaneira por Vilar dos Adrios, onde se rexistran espesores duns 10 centímetros. En Becerreá, estradas como a LU-P-0704 de Cereixal por Penamaior á Escola de Alta Montaña, a LU-P-0707 de Armesto por Tores a As Nogais, a LU-P-0708 de Cereixal a Louxas, a LU-P-6221 de Triacastela polo Alto da Albela a Guilfrei ou a LU-P-0702 desde a estrada de Becerreá a Navia por San Román de Cervantes a Degrada presentan acumulacións de entre 10 e 20 centímetros.

No Courel, a situación complícase en vías como a LU-P-1301 de Seoane de Courel a Pedrafita, a LU-P-1303 de Seoane por Visuña a Ferramulín, a LU-P-1304 de Mostad por Romeor a Casares, a LU-P-1305 de Campa por Vilar ao Alto do Boi, a LU-P-1306 desde a LU-651 en Megoxe á Ferrería do Incio, a LU-P-4501 do Poio por Louzarela e Teixeira á estrada de Samos a Courel e acceso a Meiraos, a LU-P-4701 desde A Pobra do Brollón por Parada dos Montes, a LU-P-4505 do Poio por Louzarela a Teixeira, a LU-P-5004 da Cruz de Outeiro pola Seara a Ferramulín e a LU-P-5601 de Samos a Courel e a rampla a Santa Mariña, todas elas con espesores de entre 10 e 20 centímetros.

Na Fonsagrada, estradas como a LU-P-1906 de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos, a LU-P-3601 de Acebo a Negueira de Muñiz, a LU-P-1901 de A Fonsagrada a Navia, así como a LU-P-4606 e a LU-P-4811, presentan acumulacións de entre 5 e 10 centímetros. En Cervantes, a neve alcanza entre 10 e 25 centímetros en tramos como a LU-P-1401 desde a LU-723 por Degrada e Piornedo ao límite provincial, a LU-P-1404 de San Román a Quindós, a LU-P-1405 de Campa da Braña a Tres Bispos, a LU-P-1411 de Vilanova ao Portelo e a LU-P-1412 de Quindós a Robledo, na zona da Pena do Santo a Sete Carballos, ademais doutros tramos da rede provincial.

No Incio permanece pechada a estrada 2505 de Foilebar por Lamarredonda á Aira Padrón, mentres que noutras vías do concello, como a 1306 de Megoxe á Ferrería do Incio e as estradas 2501, 2502, 2503, 2504, 4706, 5711 e 2507, a neve alcanza entre 5 e 10 centímetros. En Navia de Suarna, tamén se rexistran incidencias destacadas, coa estrada 3502 de Muñís a Rao pechada e acumulacións de entre 10 e 15 centímetros en vías como a 3501 de Paradela ao Alto do Restelo, a 3508 de Rao por Murias a Balouta, a 3505 de Navia por Silvouta, a 3509 de Navia ao Alto de Labiadas e a 1901 de A Fonsagrada a Navia.

Outros concellos afectados son Negueira de Muñiz, con problemas na 3601 de Acebo a Negueira e na 3602 de Acebo a Negueira por Ouviaña cara a Asturias; As Nogais, en estradas como a 3701 de As Nogais por Pintinidoira á 4504 e a 4503 de San Pedro por Busnullán e Vilasol a Nullán; Pedrafita do Cebreiro, con acumulacións de entre 10 e 20 centímetros en vías como a 4504 de Pedrafita ao Portelo, a 4503 de San Pedro por Busnullán a Nullán, a 4505 de Louzarela por Queixadoiro a Filloval, a 1301, a 1304, a 4501 e a 4502; Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol, Taboada, A Pontenova e Castroverde, onde tamén se están a realizar actuacións de limpeza e prevención.

Para facer fronte a esta situación, o dispositivo mobilizado pola Deputación está composto por 16 máquinas quitanieves, 8 pick ups con coitela, 8 vehículos todoterreo de apoio e un total de 48 operarios, que traballan de maneira continuada co obxectivo de manter a seguridade e garantir a circulación nas estradas provinciais ao longo das vindeiras horas. O operativo inclúe tamén labores documentadas con imaxes da maquinaria traballando, como as realizadas en Cervantes ás 7.50 horas da mañá e en Castroverde ás 10.00 horas.

Sabotaxe no silo de sal de mina de San Román de Cervantes

A Deputación de Lugo denunciou unha sabotaxe no silo de sal de mina situado en San Román de Cervantes tras detectar un ataque ocorrido durante a noite que provocou a perda aproximada de 20 toneladas deste material. A rotura da trapela do depósito fixo que o sal se derramase, reducindo de forma significativa a dispoñibilidade do fundente necesario para as tarefas de mantemento viario.

Esta perda afecta directamente á operatividade e á eficacia dos traballos de limpeza das estradas da zona, xa que unha vez retirada a neve das vías resulta imprescindible estender sal de mina para evitar a formación de placas de xeo que poidan poñer en risco a seguridade da circulación.

Mentres non se poida reparar o silo danado, o Servizo de Vías e Obras da Deputación viuse obrigado a xestionar a compra de sal mariña como medida de emerxencia. Porén, tanto os silos como a maquinaria provincial están deseñados para traballar coa granulometría propia da sal de mina, máis grosa, polo que a carga e a distribución da sal mariña deberán facerse de maneira manual, o que suporá unha ralentización dos traballos nas estradas afectadas.

⚙ Configurar cookies
0.087111949920654