O Orfeón Lucense ofrecerá o seu Concerto de Nadal na Biblioteca Pública de Lugo

A Biblioteca Pública de Lugo acollerá este xoves, ás 19.00 horas, o ‘Concerto de Nadal’ do Orfeón Lucense, co que inaugura a programación especial con motivo destas festas.
O venres tomará o relevo Zuma, grupo galego de tributo á banda de música Los Secretos, actuando ás 20.00 horas.
Pola súa parte, o día 27 'La penúltima sabinera' actuará co seu tributo a Sabina ás 20.00 horas e ese mesmo día ás 12.30 horas a Biblioteca programa tamén o espectáculo destinado ao público infantil 'Son animal', de Paco Nogueiras.
Ademais, o día 20 de xaneiro acollerá a exposición 'Toma castaña Galicia', organizada pola Xunta e centrada nos 22 exemplares e formacións de castiñeiros incluídos no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia.
Igualmente, ata o 31 de xaneiro permanecerá exposta a mostra 'Os maragatos da porta de San Pedro', complemento do libro do mesmo nome recentemente publicado por Xulio Xiz e Antonio Giz.